Tom McGrath, Solicitor e Notario en Dublín.

Tom McGrath, Solicitor e Notario en Dublín.

 

Biografía

Tom McGrath é o ex director do bufete de avogados especializado no extranxeiro “Tom McGrath & Associates” e anteriormente foi socio dalgún dos máis importantes bufetes de avogados de Dublín. Actualmente, exerce como Notario Público e tamén é conselleiro e consultor de SLS (Servicios Jurídicos Españoles).

Fala español con fluidez, e é un entusiasta de todos os asuntos relacionados coa cultura hispánica. Foi presidente da “Asociación Económica Irlanda-España” (ISEA) e continúa sendo membro do consello.

Dende fai máis de 20 anos, axudou a moitos clientes irlandeses involucrados en transaccións internacionais, especialmente en España a resolver os seus problemas xurídicos, como a planificación xurídica e realización de negocios, xestión de investimentos, dirección e participación en accións xudiciais ou asuntos hereditarios. Por outra banda, Tom axudou a numerosas empresas españolas prestando servizos legais en Irlanda, facilitando a súa introdución no país e liquidando os problemas xurídicos que alí lle xorden.

Como resultado, Tom acumula unha gran experiencia en procesos legais e documentación de apoio tanto de España para Irlanda coma vicecersa.

Ao longo dos anos Tom Impartiu numerosos seminarios na “Law Society of Ireland” para avogados en exercicio e en prácticas. Ademais, tamén impartiu clases sobre a comparación dos sistemas notariais irlandés e español entre outras, na Universidade de Castellón.

 

Traxectoria profesional

  • 1981: Obtén certificación como Solicitor.
  • 1982-1983: Roger Green & Sons- Centrándose o seu traballo na litigación.
  • 1983-1989: McKeever & Son. Prestou asistencia legal a numerosos Bancos en materia de insolvencia e quebras. Tamén actuou para varias compañías de seguros en numerosos litixios.
  • 1989-2001: T. P. Robinson, Socio do despacho – Levanza de gran magnitude de litixios para empresas, centrado principalmente a súa actividade na defensa das mesmas fronte a demandas. Durante este período foi elixido presidente da Asociación Económica de Irlanda-España (ISEA)
  • 2001-2013: Tom McGrath & Associates, Socio Director – Estableceu a súa propia Firma, comezou inicialmente sendo un despacho unipersoal, chegando a estar formado por oito integrantes. O bufete desenvolveuse ao longo dos anos até converterse nun servizo especializado de asistencia en asuntos xurídicos no estranxeiro, estruturando unha rede de despachos de avogados estranxeiros, centrados principalmente en España.
  • 2013-até a data: Exerce como Notario Público a través da súa Firma www.notary dublin.ie. Actúa como Of Counsel de Holohan Law para clientes estranxeiros.